Saltar ao contido

Neoceratias spinifer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neoceratias spinifier
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Lophiiformes
Familia: Neoceratidae
Xénero: Neoceratias
Pappenheim, 1914
Especie: N. spinifer
Nome binomial
'Neoceratias spinifer'
Pappenheim, 1914

Neoceratias spinifer, é a única especie da familia Neoceratidae, un peixe de augas profundas que se atopa nas zonas mesopeláxicas e batipeláxicas do centro oeste do océano Pacífico. A diferenza doutras especies lofiformes carecen de illicium e esca (the "fishing rod" and "lure") e contan con grandes dentes fóra das mandíbulas.[1][2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

As femias adultas teñen corpos esveltos e alongados de ata 11 cm de longo, a súa cor é acastañada escura, coa pel espida. A boca é grande estendéndose ben aló dos seus pequenos ollos; as mandíbulas teñen unha fileira interior de dentes que son curtos, rectos, amplamente espazados e inmóbiles. Por fóra das mandíbulas teñen uns saíntes cónicos prominentes que levan 2 ou 3 dentes aliñeados, o máis longo pode chegar a acadar o 15% da lonxitude do corpo todo. Cada un deses dentes está articulado na súa base, cunha musculatura moi ben desenvolvida e un pequeno gancho no seu extremo.

Os machos adultos só se coñecen por espécimes que parasitan ás femias, o exemplar de maior lonxitude coñecido chega os 18 mm, teñen unha cor máis clara cas femias e unha pel semitranslúcida. Únense ás femias por medio de saíntes na mandíbula inferior e no fociño, presentando uns ollos dexenerados e cubertos con pel e sen órganos olfactivos. As larvas teñen entre 4 e 10 mm de longo, con órganos olfactivos ben desenvolvidos e sen diformismo sexual.[2]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Sen órganos luminosos e cos seus dentes infrecuentes non se sabe de que se alimenta e como. Suxeriuse que os dentes externos serven para apañar invertebrados de corpo brando.[3]

  1. fishbase.org
  2. 2,0 2,1 Pietsch, Theodore W. (2005). Neoceratias spinifer. Needlebeard Seadevils. Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Versión 6 de novembro de 2005. The Tree of Life Web Project.
  3. Pietsch, Theodore W. "Lophiiformes: Neoceratidae" (PDF). Consultado o 2008-10-10. [Ligazón morta]